Proxecto "Refugallando cartón"



No C.R.A. de Bergondo estamos moi concienciad@s co coidado do Medio Ambiente. 
Durante este curso unímonos ao proxecto "Refugallando cartón" do Consorcio das Mariñas e tivemos un obradoiro no que fixemos papel reciclado :









Entroidos tradicionais galegos



Outro ano máis chega o Entroido, unha festa colorida e moi, moi divertida.

Desde o C.R.A. de Bergondo seguimos na nosa liña de dar a coñecer os entroidos tradicionais galegos.


Se pinchades na imaxe dos boteiros, veredes a fantástica visita que Ana, a boteira que levamos no corazón, fixo a todas as escolas do C.R.A. de Bergondo.
Unha aperta enorme Ana!!



















Se queredes coñecer estes entroidos dun xeito moi divertido, pinchade na seguinte imaxe, que vos levará ao fantástico xogo LIM que fixo Rosa, a profe de Silvoso:




Este ano temos en todas as aulas uns quebracabezas para xogar coas persoaxes do entroido :
















Anímovos a ir ver algún destes entroidos, seguro que o pasaredes xenial!!!


Bo Entroido!!




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...