Recomendacións sobre o uso do chupete


A Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria considera convinte reducir o uso do chupete na segunda metade do primeiro ano limitando o uso a situacións de nerviosismo e para durmir.

O uso habitual do chupete (ou succión do dedo) impide exercitar os músculos precisos para a producción da fala e a linguaxe. Estos músculos son tamén responsables da respiración e maila deglución, polo que o uso prolongado no tempo do chupete pode chegar a producir alteracións morfolóxicas e funcionais do sistema orofacial.



O exceso no uso do chupete pode ocasionar :

  • Dificultades no control da lingua ou dos beizos.

  • Postura inadecuada da lingua na cavidade bucal, manténdose excesivamente adiantada e dificultando unha boa articulación.

  • Retraso na intención comunicativa a través da linguaxe oral que vai sustituir sinalando ou con xestos.

  • Alteracións no crecemento dos dentes, ocasionando problemas na mordida ou desprazamento dos dentes.





¿Como quitar o chupete?


  • É importante identificar cando o/a neno/a recurre ao chupete só porque está inactivo/a e ofrecerlle alternativas a estas situacións.
  • Pódese negociar cos nenos/as así coma establecer retos para deixar de utilizalos, pero nunca recurrir ao castigo. 
  • Tamén é apropiado explicarlles as consecuencias do uso prolongado do chupete. 


 Algúns contos poden servir de axuda cando toca despedirse do chupete :










Tamén hai iniciativas orixinais coma a "Árbore dos chupetes" da que poderedes saber máis premendo AQUÍ







Ademáis, temos a canción dos Lunnis para despedirse do chupete :


 

E para @s que deixen o chupete , noraboa e un diploma porque 

¡¡ xa somos maiores !!